Benvidos/as!

Xa estades no blogue da nosa biblioteca.

Convídovos a ver, ler e pasar o voso tempo de lecer na miña compaña, ou o que é aínda mellor, na compaña dun bo libro.

Un saúdo,

Pondi.

jueves, 24 de febrero de 2011

VALORAMOS O QUE LEMOS

Co fin de coñecer os vosos gustos literarios e poder incrementar os fondos da biblioteca dun xeito obxectivo, creamos a FICHA DE LECTURA que se vos entrega con cada libro que levades emprestado.
Entre todos estamos a facer unha base de datos que reflicte información moi importante e diversa sobre a nosa sala de lectura.


A vosa colaboración é moi valiosa para mellorar cada día.
GRAZAS!

MÁIS PRINCIPIÑO







viernes, 14 de enero de 2011

"A mellor universidade de todas é unha colección de libros"
Thomas Carlyle, historiador (1795-1881)

jueves, 16 de diciembre de 2010

Animando a lectura




O principiño

O Principiño, publicado por primeira vez o 6 de Abril de 1943 nos Estados Unidos, é o relato curto máis coñecido do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry.
Considérase un libro infantil pero, en realidade, o libro é unha metáfora na que se tratan temas tales como o sentido da vida, a amizade e o amor.


En “O principiño”, un aviador –Saint-Exupéry- atópase perdido no deserto despois de haber tido unha avaría no seu avión. Entón aparece un pequeno príncipe.
O principiño vive nun pequeno planeta, o asteroide B 612, no que hai tres volcáns e unha rosa. Pasa os seus días coidando do seu planeta, e quitando os rebentos de baobab que constantemente tentan botar raíces alí. De permitirlles crecer, as árbores partirían o seu planeta en anacos, polo desorbitado tamaño que alcanzan.

Un día, o principiño, decide abandonar o seu planeta, quizais cansado dos reproches e reclamos da rosa, para explorar outros mundos. É así como visita seis planetas, cada un deles habitado por un personaxe distinto: un rei, un vaidoso, un bébedo, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo.
O último personaxe que coñece, recoméndalle viaxar a un planeta específico, a Terra, onde entre outras experiencias, acaba coñecendo ao aviador.


Nenos de 2º de Primaria coas súas caretas de golpe 

e coa de principiño



viernes, 3 de diciembre de 2010

LECTURA SOBRE RODAS

A partires do segundo trimestre os libros da biblioteca achegaranse aos nenos e nenas de todolos ciclos no noso novo carro de lectura. Unha biblioteca itenerante para que cada un de vos disfrutedes das letras sobre rodas.





Un saúdo,

os bibliotecarios.